Nesta terra que fai testamento
Que acolle os lamentos e anima a olvidar
Infectada de sangue usureiro
Nesta terra que fai testamento
Que acolle os lamentos e anima a olvidar
Infectada de sangue usureiro
Caciques modernos, mecenas do mal
Vivo dentro dun monte de area
Tinguido de brea que non limpa o mar
Coa esperanza de tomar alento
Para ver o momento de nos libertar
Mais aínda seguimos aquí
A aturar tempestades de sal
Resistindo a violencia de mans
Desas serpes e cans que nos queren calar
Compañeiras nos soños do Edén
Unha illa no medio do mar
Que iluminan o loito máis negro
Que esquece o desterro e o medo a loitar
Cando as marcas se gravan a ferro
E a dor e a xenreira non deixan sorrir
As penurias van alén da fame
Falta a identidade que axuda a vivir
Só se calma o ruído da raiba
Coa forza que queima na gorxa ao berrar:
Queremos curar a fendedura
Olvidar a tristura e voltar comezar