Nesta terra que fai testamento Que acolle os lamentos e anima a olvidar Infectada de sangue usureiro Nesta terra que fai testamento Que acolle os lamentos e anima a olvidar Infectada de sangue usureiro Caciques modernos, mecenas do mal Vivo dentro dun monte de area Tinguido de brea que non limpa o mar Coa esperanza de tomar alento Para ver o momento de nos libertar Mais aínda seguimos aquí A aturar tempestades de sal Resistindo a violencia de mans Desas serpes e cans que nos queren calar Compañeiras nos soños do Edén Unha illa no medio do mar Que iluminan o loito máis negro Que esquece o desterro e o medo a loitar Cando as marcas se gravan a ferro E a dor e a xenreira non deixan sorrir As penurias van alén da fame Falta a identidade que axuda a vivir Só se calma o ruído da raiba Coa forza que queima na gorxa ao berrar: Queremos curar a fendedura Olvidar a tristura e voltar comezar