S.E.S. - Co xenio destrozado lyrics

Published

0 497 0

S.E.S. - Co xenio destrozado lyrics

Parece que isto está moi morto Que non habita en min ninguén Que me mirou de lado un torto Parece que isto está moi morto Que non habita en min ninguén Que me mirou de lado un torto Que superei os límites Que mañá non o hei ver distinto Nin direi outra vez será Que nin che importa nin che minto E se me mintes éme igual Unha vez quixen sen motivos Sen a menor das condicións Coa independencia dos esquivos E a lealdade das lexións Supediteime e soltei lastre E vinme a cen metros de min E superei aquel desastre Pero ante todo comprendín Que eu nin podo nin quero nin debo Volverme fiar Da cultura da media verdade, da estafa Legal Que eu xa corto e deserto e me aparto de Toda moral Que aprendín moito máis cuestionando o Saber popular E xa virán tempos mellores Que non choviu sen escampar E só tes risas se tes dores E non hai loita que librar Que sempre houbo ricos e pobres E as pulgas a can fraco van Que a moito ruído, poucas noces E onde hai fume o lume está E hai que gardar sempre das risas Que non se mama sen chorar Que non se pode estar na misa E ir para fóra repicar Que o tolo vai onde van todos Vicente vai no pack tamén E sempre andamos un por outro E a puta casa sen varrer Que as nenas xogan con bonecas E os rapaciños con balón E a min sacábamas da caixa O meu veciño Juan Ramón Que o ateísmo é satanismo Porque algo máis terá que haber E viva o individualismo E o santo cu de cada quen Que os homes son coma o bo viño Que sempre tende a ir a mellor E eu coñezo algún pobriño Que xa onde vai que se picou E que se os extremos son malos E as medias tintas son xeniais E eu co xenio destrozado E eles a destrozarmo máis