NAO - Cartas No Caderno lyrics

Published

0 576 0

NAO - Cartas No Caderno lyrics

Sei que é camiñar na corda frouxa Sei o que é caer na súa fosa E ó final, poder erguerme a repetir, os mesmos pasos Son as culpas e as vergoñas dúas pedras O medo é o chumbo polas veas E loitar, semella inútil renunciar a ser un mesmo Para ser unha mascota do sistema Ser unha contradición con pernas Négome a cumprir a súa regra Non claudicarei Escribo cartas para desaparecer E entre as súas follas atoparme e renacer Escribo cartas pra ignorar e comprender Cartas no caderno Escribo cartas para desaparecer E entre as súas follas atoparme e renacer Escribo cartas pra ignorar e comprender Cartas no caderno Vinme unhas cen veces entre a espada E unha sociedade amargada E sufrín en versos destilando O veleno que outros me inxectaron Resistín o embate das mareas Na bitácora vomitei penas E aprendín que a resposta Vive en nós, é a nosa forza E pensei en ti o sentirme soio E apoieime en min acompañado Negueime a estar autosilenciado A non existir Escribo cartas para desaparecer E entre as súas follas atoparme e renacer Escribo cartas pra ignorar e comprender Cartas no caderno Escribo cartas para desaparecer E entre as súas follas atoparme e renacer Escribo cartas pra ignorar e comprender Cartas no caderno Ola, hai tanto tempo que non che escribo Que so che falo en silencio Boto tanto de menos ser soamente o teu amigo E sinto que o tempo É un aloumiño perverso A quen contarlle os meus sentimentos Na túa ausencia e sen remitente encho de cartas Este caderno...