Mouchos, coruxas, sapos e bruxas Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas Corvos, pintigas e meigas, feitizos das menciñeiras Podres cañotas furadas fogar dos vermes e alimañas Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos Cheiro dos mortos, tronos e raios Oubeo do can, pregón da morte, fuciño do sátiro e pé de coello Pecadora lingua da mala muller casada con home vello Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes Corpos mutilados dos indecentes Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida Barriga inútil da muller solteira Falar dos gatos que andan á xaneira Guedella porca da cabra mal parida Con este fol levantarei as chamas de este lume que asemella ao do inferno Fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas ¡Oíde, oíde! Os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse na augardente, quedando así purificadas E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas Quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos f*go esta chamada: Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora Facede cos espritos dos amigos que están fora Participen con nós de esta queimada