Luar Na Lubre - Pandeirada do Che lyrics

Published

0 143 0

Luar Na Lubre - Pandeirada do Che lyrics

Dende o profundo da serra Polo ar un vento ven Un vento dun pensamento Que leva o teu nome Che Sen morte algunha que o pare Morte que o poida conter Corre libre pola xente E leva o teu nome Che Un vento coma unha estrela Coma unha fouce de pé Coma unha fouce afiada Que leva o teu nome Che Un vento cheio de ganas De queimar e revolver Un vento de lúa nova Que leva o teu nome Che O sangue que lle antecede Co que xurde detrás del Forma un feixe de rosas Que leva o teu nome Che E cando os nemigos fuxen Ou comezan a morrer Quen os abate é un vento Que leva o teu nome Che Un vento coma unha estrela Coma unha fouce de pé Coma unha fouce afiada Que leva o teu nome Che Un vento cheio de ganas De queimar e revolver Un vento de lúa nova Que leva o teu nome Che.