Luar Na Lubre - Centeás lyrics

Published

0 140 0

Luar Na Lubre - Centeás lyrics

Ven, miña mai, ao cabo Ortegal, baila na festa da ermida do Trebo. Se vés comigo heite levar na proa do mundo perder o medo. Volve a Centeás, escribe este orballo. Volve a Centeás, escribe este orballo. Se vés comigo heite levar patria vella, norte mariñeiro. Lava a ferida, cóntame o mar, fala que dorme, nós espertaremos. Volve a Centeás, escribe este orballo Volve a Centeás, escribe este orballo. Lava a ferida, cóntame o mar, roupa ao clareo espiras na fonte. Nada unha nena na luz do Peiral, lévame a vida arribar da túa morte. Volve a Centeás, escribe este orballo. Volve a Centeás, escribe este orballo.