Polo mundo me vou, madre Polo mundo a camiñar(e) En busca de Bernaldino Que no o podo atopar(e) E se foi de terra en terra E de lugar en lugar(e) Topou unha lavandeira Lavando nun areale -De Bernaldino señora Que novas me pode dar(e)? -Bernaldino, é da reina O paxeciño galan(e) Ao decir estas palabras Bernaldino a porta sae -Quen te trouxo aquí Sabela Quen te trouxo a este lugar(e)? -Teus amores Bernaldino Por aquí me fan andar(e) Colleronse polo brazo Puxeronse a pasear(e) En canto os vira a raiña Aos dous mandara matar(e) A ella enterrana no coro Enterrano no altar(e) Dela naceu unha fonte E del un verde olivar(e); Tanto crecen un e outro Que aos ceos foron chegar Cando os ventos sopran mainos Os dous se queren falar(e) Cando os ventos sopran recios Os dous se queren bicar(e)