Cando quero canto, canto Cando canto canto ben(e) Non se me pon no camiño Arrodeo de ninguen(e) Ai Amor, arrodeo de ninguen(e) Se en Galiza traballasen Os que arruban o diñeiro Medraria pan na artesa E millo no cabaceiro Ai Amor, e millo no cabaceiro A vida que leva o probe E como a vida de un grilo Polo dia moita fame Pola noite moito frio Ai Amor, pola noite moito frio Esta noite ha de chover Que leva cercado a lua Para uns e sinal de fame Para outros de chea e fartura Ai Amor, para outros de chea e fartura Voa unha vella cantiga Entre as uces de falvan(e) Que me rouba o sentimento E me traba como un can(e) Ai Amor, e me traba como un can(e) ------------------------------------------------------------- (Tradicional) Arreglos: D. Sisto Canciones del mundo