Era unha noite de lúa Era unha noite clara, Eu pasaba polo río De volta da muiñada. Topei unha lavandeira Que lavaba ao par da auga. Ela lavaba no río E unha cantiga cantaba Moza que vés do muíño, Moza que ves pola estrada,
Axúdame a retorcer Miña sábana lavada. ¡Santa María te axude E San Lourenzo te valla! Desparece a lavandeira Como fumeira espallada Onde as sábanas tendera Poza de sangue deixara. Era unha noite de lúa Era unha niote clara