Berrogüetto - Danza de Meirol lyrics

Published

0 120 0

Berrogüetto - Danza de Meirol lyrics

Se o candil non alumea Non se colga na parede E o amor que non é firme Non se fai mais caso del-e. Agora que vou marchando As pedriñas chorarán Chorade pedras á noite Que marcho pola mañán. Cantarei aquí ao teu lado Cantarei e darei son Xa se van aloviando As penas do corazón. Se o candil non alumea Non se colga na parede E o amor que non é firme Non se fai mais caso del-e. Vou a dar a despedida Que me parece que é ben O pouco cantar enfada E o moito parece ben.