Quixera Contarvos unha historia Dunha nena calquera Din que aconteceu na Galicia Ou aconteceu noutro lado Sería Turquía A nena Abriu un día unha porta Tras ela había unha rifa O pai que xa daquela bebía Estaba moi agresivo E a nai que o sufría Miña nai xa mo dicía Eu tamén o considero E o que non ten cabeza Para que quere o sombreiro? Ailale A mamaíña chámase Clara A súa nena é a máis linda A mamaíña chámase Clara
A súa nena é a máis linda O pai Prometeulles poñerse ben O home é certo non bebía E mentres a nosa Clara vivía Belinda afogaba día tras día E mentres ela medraba Máis protexida Dentro dunha gaiola tecida Polo pai O carcereiro E se xa non tes cabeza Para que quére-lo sombreiro? Non me tóque-la puñeta Non me tóque-la puñeta Que me dixo miña nai Que tocara a pandeireta Ilalelale