Outra vez no límiite Todo se repite ata que canses Outra vez cruzando pontes Esquivando baches Escalando montes Noites tristes Ti que tes? Non chores Toma vitaminas e nunca namores Nin esperes polo ramo de flores Chegaches a ningures Onde corres non hai gañadores Nin un, nin dous, nin tres Namais hai bares con viños e licores Cheos de perderodres que non miran de frente Con voces de augardente Falan do que foron antes O único recordo co que te mantés A semana empeza o martes Tira pra diante Doses abundantes que alimenten os flipes O que cospes é un espello de que es Estes tempos son veloces Mira no que bates antes de queimares culleres Esas mulleres tiñan dentes Os partes das mortes están cheos e de despistes Nas paisaxes hai tantos grises diferentes
Inda que viaxes xa non hai cores fluorescentes Eche cousa dos invidentes é momento de que pares e que escoites, de que respires Chegaches a ningures As veces non o sabes pero iso xa o dixeches Esquences que son os mesmos bucles Atrapados por frases que perderon o significado de cando as ensaches Sentado ves pasar ós coches pero non ós chóferes Extraterrestres mandan sinais intermitentes, imperceptibles Non crian que o escaches Xa viches os cachés Agarra ben os vaches cando baixes Anda novo, todo son remixes En tempo das crises, incluso das artes Nos cines hai novos amantes E poñen contrincantes, doentes, distantes Mires por onde mires Por moito que apures Non te esforces Chegaches a ningures