Amence paseniño nas terras do solpor As brétemas esváense coas raiolas do sol Meu amor, meu amor, imos cara o maior Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén Acariña o silencio e escoita o corazón Que moitos dos teus soños latexan ao seu son Meu amor, meu amor, imos cara o maior Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén É tempo de camiño andar e de non esquecer
Que o futuro que ha de vir é o que has de facer Meu amor, meu amor, imos cara o maior Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén E o sol vai silandeiro deitándose no mare Facéndonos pequenos con tanta inmensidade Meu amor, meu amor, imos cara o maior Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén