¿Onde vai nosa señora Onde vai Santa María? - Vai cara a banda do mar Vai cara a manda da ría ¿Que dis a virxe, que dis Que dis Santa María? - ¿Cal será a meniña, cal Que colla s frol d´augoa fria? - Non será dama nen deuda Que será a princesa Aldina A princesa namorada Filla do rei de Galicia Tan feitiña e tan bonita C´aqueles seus ollos craros Do color d´augoa da ría Soio ti, Aldina, serás Quen leve a frol d´augoa fria
Erguete do leito, nena Ven cara a banda do mar Qu´anque ti veñas soiña En compaña has de tornar Erguete do leito, nena Ven cara a banda da ría Qu´anque ti soiña veñas Tornarás en compañía Na torre do real palacio Anque inda está lonxe o día Móvense os liños dun leito; Algunha xente se erguía ¡é a princesa! ¡Deul-a garde! Era a moi garrida Aldina Que vai día de San Xoán Catal-a frol d´augoa fria