Non é bo para ti que preguntes demais
Que te apartes do carreiro do perfecto cidadan
Matrimonio soso, traballo precario
Na tua mente a quimera de te facér encargado
Tampouco che convén perderte en moitas leiras
Cos feitos que, o pensalos, se converten en problemas
Deixa que o mundo siga o curso seu
E continua o teu camiño en silencio e o teu
Non cometa-lo erro de altera-las directrices
En que se apoia a xente con quen vives
"É preferible a inxustiza a desorde"
Dicia o meu avo o se abrocha-lo uniforme
A tua conducta inquieta os veciños
Sinalante pola rua os que foron teus amigos
Isto xa era asi antes de que ti naceses
Non lle deas mais voltas, cala e obedece:
Porque estás en Ultramemia
Vivirás en Ultramemia
Naceches en Ultramemia
E morrerás de noxo
Bordando co teu tedio a sua bandeira
Non é aconsellable desconfiar do mandatario
Sagrado temonel do teu destino e o teu fado
El pensa por ti para que non penses en nada:
Cun cerebro sobra para toda a niñada
Enturbas con dubidas a imaxe do Mister
E por riba pretendes que ninguén te vixie
Isto xa era asi antes de que ti naceses
Non lle deas mais voltas, cala e obedece:
Porque estás en Ultramemia
Vivirás en Ultramemia
Naceches en Ultramemia
E morrerás de noxo
Bordando co teu tedio a sua bandeira
Segue cos selos ali na estafeta
Mellor ser anodino ca profeta
Quita esas parvadas dos miolos
Tampouco é tan incomodo vivir de xeonllos